Viaxando en avión. (Parte I)

Viaxando en avión.   (Parte I)

Estamos nunha época do ano na que as viaxes, e especialmente as viaxen en avión, se incrementan notablemente.
É por iso que desde ACOUGA queremos facer un chamamento, como non podería ser doutro xeito, ao consumo responsable e ao asesoramento sobre os nosos dereitos como consumidores.
Sempre que sexa posible reclamar, aí estará unha delegación de ACOUGA á que poder recorrer, para asesorarnos e axudarnos.
Agunhas pistas sobre o que podemos agardar dunha liña aérea e o que podemos reclamar, é o que vos imos ir ofrecendo por partes, resolvendo dúvidas que nos fixeron chegar.

1. – Pódeme cobrar a liña aérea un suplemento por acomodarme nun asento dunha categoría superior ou inferior ao que eu reservei?
Nunca. De ningún xeito poden cobranos suplemento ningún, máis ben ao contrario, se o acomodamento é nunha categoría inferior, deberán resarcirnos.
A normativa di : “A aeroliñaadispón de sete días para reintegrar ao pasaxeiro afectado o 30% do billete en vóos de até 1.500 Qm, o 50% en vós de até 3.500 km e o 75% nos restantes”.

– Estou obrigado a contratar un seguro mercando o billete por internet? Poden cobrarmo sen o meu consentimento?
Se ao mercar o billete detectamos a contratación dun seguro ou calquera outro complemento adicional, ao estar xa preseleccionados pola propia web da compañía, temos dereito a reclamar a devolución do seu importe.
Non é obrigatoro contratar un seguro de viaxe. En caso de contratalo, como sempre, hai que ler as condicións, xa que se xurde algunha incidencia saberemos exactamente o que cobre.
Pode haber diferenza entre o prezo ofertado e o prezo final real?
Nunca. O prezo ofertado ten que ser respectado pola compañía como prezo final.
Se hai un incremento por gastos de embarque ou equipaxe, teremos dereito a reclamar.
Que é a sobreventa de billetes ou overbooking?
É a situación que se produce cando o número de pasaxeiros é maior que o número de prazas que oferta o avión. Obedece a causas como a cancelación dun vóo anterior, retraso nunha conexión, etc…
Ante esta situación, a compañía acostuma solicitar voluntarios que renuncien a voar a cambio de beneficios que acordan cos interesados. De non haber voluntarios ou voluntarios suficientes que renuncien á súa praza, a compañía pode (segundo a normativa) denegar o embarque ao número de pasaxeiros que exceda áo número de prazas, mais sempre resarcindo aos pasaxeiros nos seus dereitos.
Se son un pasaxeiro ao que lle denegan o embarque, que dereitos teño?
Neste caso, a liña aérea ten que ofrecerme a posibilidade de escoller entre o reembolso en sete días do importe íntegro do billete e un vóo de volta ao primeiro punto de partida o máis rápido posible, ou a conducción a destino final en condicións de transporte comparable o máis rapido posible ou en data posterior ao meu interese. Tamén deberán ofrecerme comida, refrescos, aloxamento en hotel, dúas chamadas telefónicas, faxer e correos electrónicos sen custe para min.
Ademais, ao denegárseme o embarque teño dereito a unha compensación económica en función da quilometraxe e de se é un vóo intercomunitario.
De que cantitades estariamos a falar? A canto pode chegar a compensación por denegarme embarque ou por cancelación?

En vóos de até 1.500 kilómetros: 250 euros.
En vóos intracomunitarios de máis de 1.500 kilómetros: 400 euros.
En vóos de entre 1.500 e 3.500 kilómetros: 400 euros.
En vóos de máis de 3.500 kilómetros: 600 euros.