Viaxando en avión. ( Parte II).

Viaxando en avión. ( Parte II).

Moitas veces non sabemos a que aternos cando nos cancelan un vóo ou cando temos unhas circunstancias especiais.
Desde ACOUGA, imos ir despexando algunhas das dúvidas que nos estádes a achegar, e lembrade que, ante todo, debemos estar axeitadamente informados e asesorados para poder defender os nosos dereitos.
VIAXANDO EN AVIÓN (Parte II)
1 – Vóo cancelado. E agora, que pasa coa miña viaxe? Aque teño dereito?
Sempre que o vóo perda a súa razón de ser en relación ao planificado inicialmente polo pasaxeiro ou ao transporte alternativo, a cancelación conleva o dereito ao reembolso.
Por exemplo, viaxo a Alemaña para asistir a un casamento. O meu vóo sae ás oito da mañá, fai a súa escala en Palma de Mallorca e eu estou pola tarde no hotel, co que podo asisitir á voda que vai ter lugar ás oito da tarde. Se me cancelan o vóo, aínda que me ofrezan unha praza en outro, non chego ao casamento, polo que me corresponde a devolución íntegra.
O transportista aéreo tamén está obrigado a ofrecer gratuitamente aos pasaxeiros afectados comida e bebida suficiente, en función do tempo que haxa que agardar polo vóo alternativo ofrecido pola compañía. No caso de que houbera que agardar pola saída do vóo alternativo, cando menos, ao día siguiente da saída do vóo cancelado, deberá ofrecer tamén gratuitamente o aloxamento nun hotel e o transporte até o hotel. Ademais, deberá ofrecer tamén sen coste ningún para o pasaxeiro, dúas chamadas telefónicas, fax, telex ou correos electrónicos.
Engadido a esto, o pasaxeiro ao que se lle cancelou o vóo terá dereito a percibir unha compensación económica, cuxo importe vai variar en función do carácter intercomunitario do vóo e a distancia quilométrica, segundo estes parámetros:
En vóos de até 1500 quilómetros : 250 euros.
En vóos de intracomunitarios de até 1500 quilómetros : 400 euros.
En vóos de entre 1500 e 3500 quilómetros : 400 euros.
En vóos de máis de 3500 quilómetros : 600 euros.
Este dereito a compensación dependerá de que a cancelación non se producira por circunstancias extraordinarias e de se a compañía informou ou non da cancelación aos pasaxeiros.
2 – Cando podemos considerar cancelado un vóo?
É moi claro, cando o vóo non se realiza. No regulamento (CE) Nº 261/2004 defínese a cancelación como “a non realización dun vóo programado”.
3 – E se o avión chegou a despegar pero dá a volta e non fai a viaxe, pódese considerar cancelado o vóo? Hai dereito a reclamación?
Se o avión despegou pero igualmente o vóo non non fixo a viaxe programada é unha cancelación e, polo tanto, hai os mesmos dereitos porque se sofren as mesmas consecuencias.
Correspondería á compañía demostrar que a non realización da viaxe se debe a circunstancias extraordinarias e inevitables, senón ten que facerse cargo das correspondentes compensacións.
4 – Hai algún caso no que a compañía non se faga cargo, demostrando esas “circunstancias”?
É raro que isto aconteza, xa que salvo un desastre natural de grandes dimensións, terrorismo, inestabilidade política ou folga, unha cancelación ten un regulamento moi claro.
Un exemplo foi o que aconteceu nos aeroportos europeos por mor dunha erupción volcánica en 2010, o colapso pola nube que se formou e que impediu numerosos vóos por máis dunha semana, non foi compensado á meirande parte dos pasaxeiros.
Por exemplo, Air Berlin cancelou unha conexión entre Palma de Mallorca e Hamburg a un dos nosos asociados, tendo que permanecer unha semana completa en Palma antes de poder voltar a Santiago. A viaxe a Alemaña tivo que agardar máis dun mes.
Non houbo indemnización e non houbo pagamento de hotel, o que si ofreceu Air Berlin foi o transporte a un hotel e o pagamento da habitación desa primeira noite. Despois os pasaxeiros tiveron que buscarse a vida até poder proseguir viaxe ou voltar ao lugar de procedencia.
5 – E por unha avaría no avión, que dereitos teño?
Segundo o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), un problema técnico que saia á luz durante o mantemento dun avión, ou que se produza como consecuencia da falla de mantemento, non pode considerarse unha circunstancia extraordinaria. Sinalou que pueden considerarse como extraordinarios un defecto de fabricación oculto revelado polo fabricante da aeronave ou por unha autoridade competente, ou os danos sofridos polo avión como consecuencia de actos de sabotaxe ou terrorismo.
6 – E se o que fai que se cancele o meu vóo é unha folga na aeroliña?
O pasaxeiro terá a opción de reclamar o importe íntegro do billete (que debe reembolsar en sete días), ou un vóo de volta ao punto de orixe o máis rápido posible. A compañía tamén debe ofrecer como opción a conducción ao destino final en condicións de transporte comparables. También deberá cubrir gastos de manutención, aloxamento, transporte até o hotel, chamadas, etc.) cando for preciso.
En cuanto a compensaciónss, a compañía deberá acreditar que a folga era inevitable para quedar eximida, tal e como estipula o Regulamento (CE) Nº 261/2004.
Unha folga que está convocada legalmente nunca será imprevisible. Polo que a compañía aérea deberá pagar a indemnización correspondiente ao pasaxeiro. Non tería que facelo se a aeroliña informa con suficiente antelación de que o vóo se cancelou.
Se por culpa dunha folga se producen perxuizos engadidos (noites de hotel pagas con antelación, excursións…) o usuario pode reclamar unha indemnización á compañía de conformidade coas normas que regulan a responsabilidade civil contractual de acuerdo coa normativa de cada Estado.