A MINA DE TOURO-O PINO ….

A MINA DE TOURO-O PINO ….

A MINA DE TOURO-O PINO, FUTURO ENVELENADO.

A MINA AMEAZA: O camiño de Santiago/Ruta Xacobea, ás poboacións dos concellos de O Pino e Touro, as da área de influenza do Río Ulla e afluentes e a todo o sector do mar da Ría de Arousa.

 

Os dereitos mineiros e xacementos a explotar afectan directamente ao Camiño de Santiago, no tramo final do Camiño Francés, que é no que mais pelegrins conflúen (180.000 percorreron estas etapas finais, só no ano 2017).

O impacto paisaxístico, da mina no Camiño de Santiago, sería devastador.

 

Atalaya Mining, ten dereitos mineiros sobre unha superficie de 122 km2, que abranguen desde Touro e O Pino polo noroeste e sureste, Boqueixón polo sur e Santiago de Compostela no Oeste. Circulación constante de maquinaria pesada e voaduras que xenerarán grandes nubes de po en suspensión. En 13 anos, prevense mais de 2000 voaduras nas que se utilizarán 30.000 toneladas de explosivos de grande potencia (Anfo e Goma2).

 

No proceso de separación do cobre, consumiranse 2,4 hm3 de auga/ano, e xeraranse macro balsas de lixo a carón de poboacións. Balsas que están catalogadas cun risco de rotura moi alto (lembremos Aznalcóllar) e que chegarían a afectar a poboación e a economía, non só da zona, senón tamén a situada ao longo da Ría de Arousa.

 

Alta contaminación química por metais pesados (AI, Mn, Zn, Fe, Cu…) do Río Ulla, varios afluentes, até chegar ao mar na desembocadura da Ría de Arousa afectando a todos os bancos marisqueiros, bateas, pesca, etc., de toda esta área.

 

MINA NON!, NON QUEREMOS UNHA HERDANZA ENVELENADA !