XORNADA “ETIQUETA NA TÚA LINGOA, CAMIÑA POLO MUNDO CON IDENTIDADE”.

Convidados polo Consello da Cultura Galega, ACOUGA asistiu á Xornada “Etiqueta na túa lingua camiña polo mundo con identidade”, celebrada o pasado martes 26 de setembro no local do Consello da Cultura Galega en Santiago.

Unha xornada na que se abordaron, a través das distintas palestras, temas tan diversos como o ámbito legal que contempla a posibilidade de utilización do galego, as experiencias ou beneficios económicos, até a distición e fidelización que representa para as empresas o emprego da nosa lingua mesmo en mercados internacionais , se deu conta.

 

O artigo 5.1 do Estatuto de autonomía de Galicia afirma que a lingua propia de Galicia é o galego, engadindo no seu apartado 2, que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar. A normativa exposta establece un réxime de cooficialidade lingüística que rexe no territorio desta Nacionalidade Histórica e da que, entre outras consecuencias, se deriva que tanto o galego, como lingua propia de Galicia, coma o castelán, en canto que lingua oficial do Estado, son ambas oficiais das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma, tal e como afirma a Lei 3/1983, de normalización lingüística do Parlamento galego, .

Como acostumamos dicir en ACOUGA, “o galego na Galicia, é mais que un idioma, é un dereito!”. Conquerir que a comunicación das empresas que comercializan os seus productos na nosa Nacionalidade Histórica, cos seus clientes, se poda facer, dun xeito normal, mesmo natural, tamén no idioma propio da Galicia, incluindo a etiquetaxe, tamén é responsabilidade nosa como consumidores e usuarios galegos. Decidir, dentro dos parámetros do exercicio do consumo consciente e responsable, mercar produtos que estean etiquetados en galego, así como reclamar que a atención ao cliente sexa na nosa lingua, que a información que nos fornecen ou as canles de reclamación se fagan en galego, premiar, ao cabo, coa nosa decisión ao mercar, a estas empresas ou marcas, está na nosa man!.

 

Desde ACOUGA, queremos parabenizar ao Consello da Cultura Galega pola inicativa desta xornada, pola perfecta organización da mesma, e agradecer publicamente, a súa amable convida para asistir a tan frutctifero evento .