INFORMACIÓN PARA ASOCIADOS ADHERIDOS NA DEMANDA COLECTIVA DE ACOUGA CONTRA ABANCA, POLAS CLAUSULAS DE CHAN:

Estimado/a asociado/a:

O pasado 14 de Novembro, O Xulgado do Mercantil número 1 da Corunha estimou a demanda colectiva presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) contra Abanca, na que reclamaba a devolución dos cartos cobrados de máis aos seus clientes con préstamos hipotecarios con cláusulas chan subscritos con anterioridade a maio de 2013. A maxistrada ordena na sentenza á entidade bancaria que restitúa aos prexudicados as cantidades indebidamente abonadas e mais os xuros legais de demora, en aplicación das cláusulas declaradas nulas en virtude da sentenza do Tribunal Supremo do 9 de maio de 2013.
Esta semana, ABANCA, en cumprimento de sentenza, comezará a realizar os ingresos correspondentes a cada un dos afectados adheridos a nosa demanda colectiva, polo que ponhemos no voso conhecimento o seguinte:
— ABANCA, procederá a realizar dous ingresos por cada unha das hipotecas asinadas:
* Un correspondente ao capital principal da retroactividade (desde 2013 cara trás).
** Un outro correspondente a os xuros de demora.
— O ingreso efectuarase na conta do demandante en ABANCA.
QUE TENHO QUE FACER?
— Revisar periódicamente a conta corrente para constatar que ABANCA, ten feito os ingresos.
— Comparar os importes dos ingresos co estudo económico de DDC CONSULTORES.
* No caso de non estar de acordo cos importes ingresados, enviar ao correo colectiva@acouga.net , copia en formato PDF dos ingresos e mais o estudo económico, para que podamos emprender requerimento no xulgado.
** No caso de conformidade coas cantidades, enviar correo a colectiva@acouga.net , confirmando ingresos e conformidade cos mesmos.
Para que desde ACOUGA podamos levar o control do resultado da demanda, tanto nun caso, para poder emprender a reclamación, coma no outro, para poder dar por finiquitado o proceso particular, é imprescindible que nos remitades o correo que corresponda.
NON TENHO CONTA CON ABANCA, ONDE ME INGRESAN?
Para que ABANCA, proceda a facer os ingresos correspondentes, deberemos prodeder como sigue:
— Solicitar certificado de titularidade de conta bancaria, na entidade onde tenhamos aberta a conta onde queremos que se efectuen os ingresos.
— Enviar ao correo colectiva@acouga.net , o certificado arriba indicado, xunto co escrito adxunto debidamente cumprimentado e asinado.
A Xunta Directiva de ACOUGA, querelhe agradecer a súa confianza nesta solución, a paciencia no decorrer do proceso e o apoio ao noso trabalho.
En caso de dúbida, por favor, chámenos e estaremos encantados de atendelo persoalmente. Quedamos, como sempre, ao seu dispor.

Atentamente,

Manuel Pérez Arias

Presidente de ACOUGA.